Test de Matronas O.P.E. 2009 SERGAS - Servicio Gallego de Salud - Parte 1 [Test en Galego]
1. SE UN BENEFICIARIO DA ASISTENCIA SANITARIA SE NEGA A SEGUIR UN TRATAMENTO, PODERÁ EXPOÑER AS RAZÓNS DA SÚA NEGATIVA ANTE:
As Comisións de Avaliación As Comisións Técnicas Calificadoras O Ministerio de Sanidade e Consumo Debe seguir o tratamento Resultado:
2. ¿ESTÁ REGULADO, XURIDICAMENTE, O QUEBRANTAMENTO DO SEGREDO PROFESIONAL?
Non existen leis, só suxestións Segundo o Código Penal, constitúe un delito Segundo o Código Civil, constitúe unha falta leve Está regulado polo Código Deontolóxico Resultado:
3. ¿ONDE SE ADOPTAN OS CRITERIOS SEGUIDOS PARA REALIZAR AS SEGUINTES AUDITORÍAS?
Ministerio de Sanidade e Políticas Sociais Consello Interterritorial do SNS Axencia de Calidade do SNS Ningunha resposta é correcta Resultado: Pregunta Anulada por el Tribunal
4. ¿CAL DAS SEGUINTES NON É UNHA MEDIDA DE DISPERSIÓN?
O coeficiente de variación O rango A varianza O percentil Resultado:
5. UN ESTUDIO EPIDEMIOLÓXICO NO QUE A MOSTRAXE SE REALIZA EN RELACIÓN COA EXPOSICIÓN AO FACTOR DE RISCO, É:
Descritivo Cohorte Casos e controis Transversal Resultado:
6. O INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA, PUBLICA ANUALMENTE O "MOVIMIENTO NATURAL DE LA POBLACIÓN", ONDE QUEDA REXISTRADO:
Fertilidade por grupos de idade Número de nacementos, clasificados por residencia materna e por lugar de inscrición Defuncións por idade, lugar de inscrición e de residencia Movementos migratorios Resultado: Pregunta Anulada por el Tribunal
7. O ELEMENTO FACILITADOR DO TRABALLO EN EQUIPO É:
a) Número reducido de membros b) Idades homoxéneas c) Alto nivel xerárquico d) As respostas A e B son correctas Resultado:
8. A FINALIDADE PRINCIPAL DUN PRESUPOSTO É:
Garantir a utilización eficaz dos recursos Reducir o gasto Controlar desviacións nos recursos financeiros Dispoñer de datos estatísticos para a avaliación Resultado:
9. MICROSOFT EXCEL É:
Un procesador de texto Unha folla de cálculo Unha base de datos Un sistema operativo Resultado:
10. A HIPÓTESE QUE SE SOMETE A COMPROBACIÓN PARA VER SE É CERTA OU NON A É:
Hipótese nula Hipótese alternativa Hipótese comprobable Hipótese incerta Resultado:
11. ¿CAL DESTAS ENFERMIDADES DE DECLARACIÓN OBRIGATORIA PRESENTOU MAIOR INCIDENCIA NO ANO 2008 EN GALICIA?
Varíola Tuberculose respiratoria Disentería Sarampelo Resultado:
12. CANDO FALAMOS DA TAXA DE MORTALIDADE POSNEONATAL TARDÍA REFERÍMONOS Á ACONTECIDA ENTRE:
0-27 días de vida 28-50 días de vida 7-27 días de vida 0-6 días de vida Resultado:
13. UN OBXECTIVO FINAL DA LEI DE AUTONOMÍA DO PACIENTE É:
Confidencialidade da historia clínica, humanizar máis os servizos sanitarios e atender mellor a dignidade da persoa Principio de veracidade e exactitude Principio de veracidade, exactitude e lealdade dos datos Dar apoio psicolóxico Resultado:
14. SINALE A RESPOSTA INCORRECTA SOBRE A "ESTRATEXIA DE ATENCIÓN AO PARTO NORMAL NO S.N.S.":
Foi elaborada polo Ministerio de Sanidade e Consumo no ano 2007 Impulsa un profundo cambio no modelo de atención ao parto baseado na evidencia científica dispoñible Contén un conxunto de normas de obrigado cumprimento sobre aspectos como o uso de lavativa ou a práctica de episiotomía Contén recomendacións sobre como organizar estrutural e funcionalmente a atención hospitalaria ao parto Resultado:
15. NA GUÍA TÉCNICA DE ATENCIÓN AO PARTO NORMAL E PUERPERIO (XUNTA DE GALICIA), DENTRO DO SISTEMA DE AVALIACIÓN E MELLORA DA ATENCIÓN AO PARTO, NON SE INCLÚE COMO INDICADOR:
% de partos con dilatación en bañeira % de lavativas e % de rasurados % de partos con postura distinta á de litotomía % de desgarro perineais de 2º grao Resultado:
16. A TAXA DE FECUNDIDADE FAI REFERENCIA A:
Os nacementos habidos nun ano por 1.000 habitantes Os nacementos habidos nun ano por 1.000 habitantes fértiles Os nacementos habidos nun ano por 1.000 mulleres en idade fértil Os nacementos habidos nun ano en toda a poboación Resultado:
17. A CAVIDADE VITELINA ATÓPASE EN CONTACTO CON:
Endoblasto Ectoblasto Citotrofoblasto Sincitiotrofoblasto Resultado:
18. ¿CAL DAS SEGUINTES ENFERMIDADES AUTOINMUNES TEN UNHA REPERCUSIÓN OBSTÉTRICA PRACTICAMENTE NULA?
Lupus eritematoso Miastenia gravis Hipertiroidismo Artrite reumatoide Resultado:
19. AS MANOBRAS DE LEOPOLD REALÍZANSE PASADAS AS:
20 semanas 25 semanas 28 semanas 30 semanas Resultado: Pregunta Anulada por el Tribunal
20. UN DOS SEGUINTES PUNTOS NON FORMA PARTE DA PREPARACIÓN AO PARTO:
Información Relaxación Suxestión Exercicios respiratorios Resultado:
21. ¿EN QUE POSICIÓN É IMPOSIBLE O PARTO VÍA VAXINAL?
Podálica Sincipucio De ombro De fronte Resultado:
22. A PRINCIPAL FONTE DE ENERXÍA PARA O FETO PROVÉN DE:
Lípidos As proteínas A glicosa Todas son correctas Resultado:
23. ¿CAL DAS SEGUINTES AFIRMACIÓNS, CON RESPECTO AOS COIDADOS INMEDIATOS DO NEONATO, É CORRECTA?
A profilaxe ocular está en desuso Para o pinzamento do cordón umbilical, a matrona colocará unha pinza de Kocher a 1 cm. da pel No desenvolvemento do vínculo afectivo pais-fillos, é moi aconsellable permitir aos pais, o contacto precoz, co recén nacido dentro do paritorio, aproveitando o primeiro período de reactividade Todas as respostas son correctas Resultado:
24. A HORMONA ENCARGADA DA EXECCIÓN LÁCTEA É:
Proxesterona Prolactina Oxitocina Aldosterona Resultado:
25. EN CASO QUE OS PAIS DESEXEN QUE AO RN SE LLE ADMINISTRE A POMADA OFTÁLMICA E LA VITAMINA K INTRAMUSCULAR, ESTES COIDADOS DEBEN FACERSE:
Nos primeiros 30 minutos de vida Na primeira hora de vida Nas primeiras dúas horas Nas primeiras 6 horas de vida Resultado:
26. SEGUNDO RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE, NO PROCESO DE EMBARAZO, PARTO E PUERPERIO NON SE CONSIDERA MOTIVO DE DERIVACIÓN A CONSULTA DE ALTO RISCO:
Delgadeza, índice de masa corporal (IMC) menor ou igual a 18 Hemoglobina materna =9 mg/dl. Muller que fuma máis de 10 cigarros ao día Malos antecedentes obstétricos Resultado:
27. O MOMENTO MÁIS INDICADO PARA FACER UNHA SEROLOXÍA DE HEPATITE B NO EMBARAZO É:
No primeiro trimestre No segundo trimestre No terceiro trimestre Non se pode realizar no embarazo porque non é fiable Resultado:
28. ¿CAL É A ANOMALÍA CONXÉNITA MÁIS FRECUENTE NOS RECÉN NACIDOS DE NAIS DIABÉTICAS?
Fallo do peche da canle neural Labio leporino Anomalías cardíacas Estigmas vasculares Resultado:
29. ¿CAL DOS SEGUINTES AXENTES INFECCIOSOS AFECTA O FETO A TRAVÉS DA CANLE DO PARTO?
Virus da rubeola Candida albicans Toxoplasma gondii Listeria monocytogenes Resultado:
30. A ETIOLOXÍA MÁIS FRECUENTE DO EMBARAZO PROLONGADO É:
Factores hormonais Atraso da nidación Anancefalía De orixe descoñecida Resultado:
31. O PERÍODO DE RECÉN NACIDO ABARCA:
As primeiras 24 horas de vida O primeiro día de vida A primeira semana de vida Os primeiros 28 días de vida Resultado:
32. ¿EXISTE UNHA IDADE MÍNIMA PARA TOMAR OS ANTICONCEPTIVOS HORMONAIS ORAIS?
Si, solo despois dos 18 anos Non sempre que sexa despois dos 16 anos Pódese tomar despois da menarquia (sempre que exista risco de embarazo) Non sempre que se tivera un primeiro embarazo Resultado:
33. A TRANSEXUALIDADE É UN PROBLEMA:
Orgánico Hormonal De orientación sexual De identidade sexual Resultado:
34. A CONTRACCIÓN ESPÁSTICA DOS MÚSCULOS PERINEAIS AO INTENTO DE COPULACIÓN CHÁMASE:
Vaginismo Anorgasmia Frixidez Angustia Resultado:
35. UNHA ECTOPIA CERVICAL É:
Unha enfermidade benigna Unha enfermidade maligna Unha enfermidade potencialmente maligna Ningunha resposta é correcta Resultado:
36. O SÍNTOMA FUNDAMENTAL DE CANCRO DE COLO UTERINO É:
O fluxo vaxinal A dor A hemorraxia indolora Perda de peso Resultado:
37. OS CONDILOMAS ACUMINADOS RELACIÓNANSE CON:
Sífilis Sida Gonococia Candidiase Resultado: Pregunta Anulada por el Tribunal
38. A SÍNDROME DE TURNER CURSA CON:
Amenorrea primaria Amenorrea secundaria Opsomenorrea Proiomenorrea Resultado:
39. O CANCRO DE ENDOMETRIO ESTÁ MÁIS RELACIONADO CON:
A promiscuidade sexual A multiparidade A anticoncepción hormonal A nuliparidade Resultado:
40. ¿CAL DAS SEGUINTES MEDIDAS, NA PREVENCIÓN DA INFECCIÓN NOSOCOMIAL, É CONSIDERADA COMO DE EFICACIA PROBADA?
Desinfección de chans, paredes, vertedeiros, etc. Fluxo de aire laminar Coidados do catéter intravenoso Ningunha resposta é correcta Resultado:
41. O CRECEMENTO PRODÚCESE POLA ACCIÓN DOS ESTRÓXENOS E AO AUMENTO CONCOMITANTE DA PRODUCIÓN DA HORMONA DO CRECEMENTO:
FSH STH LH Gn RH Resultado:
42. RESPECTO AO CANCRO NO COLO INTERINO, ¿QUE AXENTE CANCERÍXENO FUNDAMENTALMENTE O OCASIONA?
O tabaco As radiacións solares como a maioría das espullas Os RX e as súas excesivas exposicións O virus do papiloma humano Resultado:
43. AS FIBRAS PARASIMPÁTICAS QUE INERVAN O APARATO XENITAL, ORIXÍNANSE NO PLEXO SACRO E DAN ORIXE A:
Nervio pudendo Nervio pélvico Nervio presacro Plexo uteroovarico Resultado:
44. O CONTIDO EN ÁCIDO CLORHÍDRICO DO ESTÓMAGO DURANTE A XESTACIÓN:
Aumenta Diminúe Mantense invariable Depende da dieta Resultado:
45. ¿CAL DOS SEGUINTES PARÁMETROS DA FUNCIÓN PULMONAR NON SE MODIFICA DURANTE O EMBARAZO?
Volume respiratorio circulante Capacidade inspiratoria Volume residual Capacidade vital Resultado:
46. EN CANTO Á IDENTIFICACIÓN DE RN, SINALE A RESPOSTA INCORRECTA:
Debe existir un sistema inequívoco de identificación de RN Debe ser un sistema que identifique o binomio nai-fillo A pegada plantar é un sistema fiable e universal para a identificación do RN A pegada plantar só é útil en menos do 30% dos casos Resultado:
47. É FALSO SOBRE AS MATERNIDADES HOSPITALARIAS SECUENCIAIS:
Os distintos períodos do parto vanse desenvolvendo en espazos físicos diferenciados Inclúen salas de dilatación, paritorios e salas de puerperio Todo o proceso do parto ten lugar nun espazo físico integrado, as Unidades de traballo de parto, parto e recuperación (UTPR) Interfire coa fisioloxía do parto ao diminuír a comodidade e privacidade das mulleres Resultado:
48. A GUÍA TÉCNICA DE ATENCIÓN AO PARTO NORMAL E PUERPERIO DA XUNTA DE GALICIA NON INCLÚE DENTRO DAS INSTALACIÓNS E MATERIAIS DESEXABLES PARA A ATENCIÓN DO PARTO:
Sala de dilatación-parto como espazo único Bañeira na área de partos para a relaxación da muller Cama obstétrica que permita distintas posturas durante o parto Iluminación intensa e directa; e monitor cardiotocográfico con telemetría Resultado:
49. O TERMO NIC PROVÉN DAS INICIAIS DE NURSING INTERVENTIONS CLASSIFICATIONS E É A PRIMEIRA CLASIFICACIÓN NORMALIZADA DOS TRATAMENTOS REALIZADOS EN ENFERMARÍA QUE SE CARACTERIZAN POR:
Un proceso de toma de decisións sobre a situación dos problemas en cada fase do proceso enfermeiro A existencia de resultados na prestación de coidados de calidade A clasificación que recolle os tratamentos enfermeiros independentemente de onde se desenvolve o labor enfermeira A existencia de etiquetas que describen situacións neutras en termos non evaluativos Resultado:
50. NA TAXONOMÍA NANDA, Á TERCEIRA PARTE DO DIAGNÓSTICO ENFERMEIRO DENOMÍNASELLE:
Etiqueta diagnóstica Definición Factores relacionados Características definitorias Resultado:
51. OS ESTUDIOS DIRIXIDOS A RELACIONAR CAUSA/FACTOR DE RISCO E EFECTO NOS MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN SON:
Os descritivos Os analíticos Os experimentais Os de intervención Resultado:
52. CONSIDÉRASE BOA A REHIDRATACIÓN EN CASO DE HIPEREMESE GRAVÍDICA CANDO A DIURESE EN 24 HORAS SUPERA:
1.000 cc. 300 cc. 500 cc. 1.500 cc. Resultado:
53. NA PROFILAXE DA ISOINMUNIZACIÓN ANTENATAL, ¿EN QUE CASOS ESTÁ INDICADA A GAMMAGLOBULINA ANTI D?
Na 28 semana de xestación, en mulleres RH- Despois dun cerclaje cervical Despois dun sangrado uterino Todas as respostas son correctas Resultado:
54. SE A INFECCIÓN NOSOCOMIAL É CAUSADA POR MICROORGANISMOS, PERTENCENTES Á PROPIA FLORA COMENSAL DO PACIENTE, DISE QUE É:
Endóxena Exóxenoa Nosocomial primaria Nosocomial secundaria Resultado:
55. NUNHA MULLER GRÁVIDA CON DIAGNÓSTICO DE POLIHIDRAMNIOS, ¿QUE TRASTORNO FETAL ASOCIADO DEBERIAMOS SOSPEITAR?
Axenesia renal Atresia de esófago Hipoplasia pulmonar Hidrocefalia Resultado:
[Inicio] [Guía Rápida] [Protocolos] [Trabajos] [Sesiones] [Test Online] [Congresos] [Bases Datos] [Colegios] [Escuelas] [Sociedades] [OPEs]
Este sitio web emplea cookies de terceros como ayuda para prestar servicios y, al utilizarlo, estás aceptando su uso...
Aviso Legal